jueves, 17 de mayo de 2012

Galego libre


Antes de nada desexarvos a todos un feliz día das Letras Galegas, un día para honrar o idioma Galego, unha lingua fermosa que por desgracia, en demasiadas ocasións utilizase para dividir, en lugar de unir, dame realmente pena ver hoxe na prensa, como plataformas como Queremos Galego, nacidas e auspiciadas polo Bloque Nacionalista Galego e alédanos queren facer do día da lingua o día do antifeijoismo, que terá que ver o touciño coa velocidade, na manifestación encabezada por Callón e familia podíanse leer carteis de todo tipo pero moi poucos en loubar o Galego e moitos en criticar a Xunta de Feijoo, pero como non podía ser menos non podía pasar unha fecha coma esta sen ser politizada.
A maioría dos galegos, entre os que me inclúo, queremos vivir nunha Galicia aberta e plural onde a diferencia sexa un reto para unir e non para segregar, queremos a Galicia, unha terra fermosa enmarcada nunha nación chamada España, e somos moitos os que pensamos isto e temos que dicilo sen ningún tipo de complexo, sen pedir perdón polo que pensamos e sentimos, Galicia é España e España é Galicia, por que como moi ben dicía  D. Manuel, "ser galego é a mellor forma de ser español".
Viva Galicia, viva o Galego, viva España e o Español¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario